A Policía Autonómica levou a cabo 73 inspeccións e tramitou 15 denuncias nos operativos levados a cabo no concello de Ourense polo cumprimento das medidas ante a covid-19

Os axentes levaron a cabo estes dispositivos no marco do plan de actuacións específicas destinadas á prevención, inspección e control do cumprimento das medidas adoptadas polas autoridades competentes para evitar a propagación da Covid-19

O pasado xoves o subcomité clínico decidiu a prohibición de reunións de persoas non convivintes no concello de Ourense e no barrio do Couto mantivo as restricións de consumir no interior de bares e cafeterías

AVANTAR ACTIVIDADES

Axentes da Policía Autonómica tramitaron,dende a entrada de vigor na medianoite do pasado venres da orde da consellería de Sanidade, un total de 73 inspeccións e 15 denuncias no concello de Ourense

A Policía Autonómica levou a cabo este dispositivo no marco do plan de actuacións específicas destinadas á prevención, inspección e control do cumprimento das medidas adoptadas polas autoridades competentes para evitar a propagación do coronavirus, logo de que a Consellería de Sanidade acordara no subcomité clínico que fai seguimento da evolución da covid-19 en Galicia, a prohibición de reunións de persoas non convivintes no concello de Ourense, mantendo no barrio ourensán do Couto, as restricións de consumir no interior de bares e cafeterías.

As inspeccións centráronse no control de fumadores na rúa e en terrazas, aglomeracións, festas privadas, o uso obrigatorio da máscara e o cumprimento da distancia de seguridade, aforos, horario de peche e as medidas sanitarias en terrazas, espectáculos públicos e nos establecementos abertos ao público. Este operativo enmarcase no seo da colaboración entre as forzas e corpos de seguridade do Estado, cada unha no marco das súas competencias.