As comarcas do Carballiño e O Ribeiro entran en nivel 2 a partir do xoves

O Segas acaba de facer público o seguinte comunicado

A Consellería de Sanidade vén de acordar restrinxir a mobilidade nos concellos de Ourense, Barbadás,  Así o decidiu o Comité clínico que fai seguimento da evolución da covid-19 en Galicia, logo da xuntanza desta tarde tras analizar a situación epidemiolóxica na comunidade autónoma. Así mesmo, decidiuse prohibir as  xuntanzas de persoas non convivintes nos concellos de Barbadás, Verín e O Barco de Valdeorras, e na comarca do Carballiño, ademais de manter a mesma restrición en Ourense, onde xa estaban en vigor dende o pasado venres. O comité considera conveniente reforzar as medidas de prevención co obxecto de protexer, coa máxima intensidade posible, a saúde da poboación destes concellos  e conter os contaxios para evitar a súa propagación máis aló desa zona.

AVANTAR ACTIVIDADES

Deste xeito, queda é restrinxida a mobilidade nos concellos de Ourense e Barbadás, polo que os seus habitantes non poderán desprazarse fóra deles agás por motivos laborais, educativos ou sanitarios. Así mesmo nos concellos de Ourense e Barbadás, aplicaranse as medidas de nivel 3, polo que estará prohibido que bares e cafeterías poidan servir no interior, limitándose a atender nas terrazas a grupos de 5 persoas. Os restaurantes poden servir no interior, a un máximo de 5 persoas por mesa. 

Ademais entran en nivel 2 os concellos das comarcas do Carballiño, Ourense, O Ribeiro, Allariz, Verín e O Barco. Entre estas restricións xerais deste nivel destacan a limitación dos aforos ao 50% nos establecementos comerciais, de restauración e hostalería -onde ademais estará prohibido o consumo en barra-, así como en bibliotecas, academias, autoescolas e centros privados de ensino non regrado entre outros. Tamén se establece a limitación do número máximo de persoas nas xuntanzas tanto privadas como na vía pública fixado nun máximo de 10 persoas; así como a redución dos aforos en celebracións, velorios e lugares de culto. Todas estas medidas entrará en vigor dende as 00:00 horas do vindeiro xoves.