O Grupo Municipal de Emerxencias do Carballiño reorganizase por dous positivos

O Grupo Municipal de Emerxencias deberá ser reorganizado, tras detectarse dous positivos por Covid 19 entre os seus integrantes. Ditas persoas atópanse nos seus domicilios, e non acudiron ás instalacións dos Grumir desde o pasado 30 de setembro.

Estas instalacións foron xa desinfectadas, sin que se producisen ata o momento máis positivos entre as persoas deste colectivo.

AVANTAR ACTIVIDADES

Debido a estas baixas temporais, a área de Seguridade e Persoal do concello procederá á reorganización da agrupación co obxectivo de cubrir as quendas de traballo correspondentes, e que imposibilita poder facelo durante as 24 horas do día, tódolos días da semana, polo que haberá algunhas quendas que non se poidan cubrir.

Ainda así, o concello garante que se segurirán efectuando as desinfeccións dos accesos aos centros educativos, centro de saúde, concello e demais espazos públicos da vila, que realiza diariamente o grumir.

RESPONSABILIDADE CIDADÁ

Ante o incremento de casos positivos por Covid 10 no Carballiño, as autoridades municipais piden á cidadanía que se cumpran escrupulosamente as medidas preventivas establecidas, como son o uso da máscara, o lavado de mans constante, a separación de seguridade e evitar calquera tipo de reunión ou celebración con persoas non pertencentes aos núcleos familiares que convivan no mesmo domicilio, pois a maioria dos casos positivos teñen lugar en encontros deste tipo.

Ante o incremento de casos positivos por Covid 10 no Carballiño, as autoridades municipais piden á cidadanía que se cumpran escrupulosamente as medidas preventivas establecidas.

Falamos tamén con Francisco Valeiras, o xefe da Policía Local do Carballiño. Amosou a súa preocupación, asegurando que aínda non é tarde para tomar medidas no municipio e contrarrestar o repunte que está a sufrir, atopándose na peor das situacións dende que se iniciou a pandemia. Tamén se posicionou en canto á falla de medidas legais que os amparan para actuar en casos de reunións que superan o aforo ou para facer cumprir as medidas establecidas, urxindo un amparo legal para actuar por parte das forzas e corpos de seguridade.