Ribeiro en Común pide un informe de Sanidade para o traslado dos concertos de Ourense a Ribadavia

Para Ribeiro en Común non ten sentido que o mesmo día no que as autoridades provinciais e municipais falaban de prohibir que veciños de Ourense se desprazaran de Ourense á Valenzá, aos seus parques e cafeterías, agora anuncien que van ubicar en Ribadavia un Concerto cancelado en Ourense por motivos derivados da situación epidemolóxica que vive a cidade.

Aseguran que non entenden como as autoridades sanitarias autorizan isto, e afirman que é máis irresponsable por parte do concello de Ribadavia permitilo. Por iso piden un informe das autoridades sanitarias que avale dita decisión.

AVANTAR ACTIVIDADES

Dende o grupo afirman que apoian ao sector cultural e a súa programación, de feito seguimos a facelo, pero na situación que vivimos non deberíamos fomentar ditos desprazamentos desde Ourense.

Engaden que non ten sentido que se pechen barrios enteiros da cidade de Ourense e eses mesmos veciños poidan vir en masa a Ribadavia.