O Carballiño ocupa o terceiro posto en número de contaxios a nivel galego

Esta é unha situación na que a incidencia acumulada de Galicia a 14 días se sitúa nos 107,58 casos por 100.000 habitantes mentres que a media estatal é de 273,69. No caso da incidencia acumulada a 7 días, Galicia está en 52,86 e a media española en 117,96 casos, polo que os datos globais da comunidade galega son estables. Estos datos corresponden á situación na noite de onte, con 193 casos positivos, un dos datos máis baixos das últimas semanas.

A situación non é homoxénea en toda Galicia, e hai zonas que non cumpren a tendencia á baixa. A taxa de incidencia acumulada a 7 días no concello de Ourense sitúase en 254,7 casos por 100.000 habitantes e nos últimos 14 días en 417,2 casos por 100.000 habitantes, que se resume nunha cifra entre 4 e 5 veces por riba do que se baraxa no total de Galicia.

AVANTAR ACTIVIDADES

Segundo as cifras a día 5 de outubro, Ourense é o concello de Galicia con máis contaxios de covid-19 e o Carballiño, con 14.000 habitantes, sitúase no terceiro posto, por riba de conco cidades galegas con máis habitantes. No Carballiño fálase dunha situación de descontrol, cun incremento inesperado de casos en moi poucos días. O Carballiño ten unha incidencia acumulada de 278 casos por 100.000 habitantes, o que o sitúa en situación de nivel roxo.