O Psdeg-Psoe de Ourense reúnese co presidente de Renfe, Isaias Táboas, para mellorar e optimizar os servizos ferroviarios da provincia

Ao longo dos últimos anos os socialistas ourensáns refrendaron varias iniciativas no concello da capital e na Deputación Provincial reclamando melloras ou instando á rebaixa nas tarifas do Avant

O pasado mes de agosto, deputados, deputadas e senadores xa mantiveron unha reunión co representante de relacións institucionais de Renfe en Galicia ao que lle trasladaron peticións e suxestións

AVANTAR ACTIVIDADES

 O PSdeG-PSOE reúnese mañá mércores co presidente de Renfe, Isaías Táboas, co fin de impulsar e optimizar os servizos ferroviarios da provincia de Ourense. O deputado, a deputada e o senador no Congreso e Senado Adolfo Pérez Abellas, Uxía Tizón e Miguel Bautista, e o secretario provincial, Rafa Villarino, reclamarán unha mellora dos servizos de media e longa distancia. Porán o foco especialmente na restitución de trens como o Avant que unía a terceira cidade de Galicia con Santiago de Compostela e A Coruña ás 06:45 horas.

Os socialistas defenden que “é necesaria a mellora, impulso e optimización” dos servizos que a empresa pública presta na provincia, “evitando discriminacións con respecto a outras zonas do país e adecuando os servizos e prezos ás contornas nos que se prestan, impulsando desta forma o reequilibrio territorial que a provincia precisa” e que “o PSOE defendeu sempre”. “O PSdeG-PSOE de Ourense mantivo a mesma postura estando os socialistas no Goberno central ou na oposición, polo que demandan ao resto de formacións políticas a mesma seriedade e compromiso coa veciñanza, posto que o PP cambia de posición según quen esté na Moncloa”, destacan.

O pasado mes de agosto, os deputados, deputadas e senadores no Congreso, Senado e Parlamento de Galicia xa mantiveron unha reunión de traballo co representante de relacións institucionais de Renfe en Galicia, Javier Pérez, na que lle trasladaron unha serie de peticións e suxestións relacionadas co transporte ferroviario de media e longa distancia na provincia, como son a reposición de servizos, a mellora das frecuencias nalgúns trens existentes ou a súa tarificación.