Ribeiro en Común reclama medidas excepcionais para o concello

Mañá xoves está convocada unha Xunta de Portavoces que segundo a formación chega moi tarde por parte do Alcalde, xa que aseguran que o grupo xa a pedira dende que comezara o repunte de casos por COVID en Ribadavia. Ribeiro ven de rexistrar unha Moción para que dende o Concello de adopten medidas excepcionais como:

1. Que o Concello de Ribadavia adopte medidas excepcionais no actual contexto:

AVANTAR ACTIVIDADES

– Solicitar que a Consellaría de Sanidade reforce o horario e o servizo no noso PAC de servizos médicos e pediatría polas tardes e en fin de semana. O obxectivo é conseguir unha mellor e maior atención e evitar desprazamentos a Ourense nun momento moi delicado e nunha área que está vivindo unha especial incidencia por COVID19.

– Solicitar o establecemento no PAC Comarcal de un punto Covid que faga a recollida de mostras e o posterior servizo de rastreo.

– Solicitar que a Consellaría de Educación instale un sistema de ventilación mecánica ou purificadores de aire nos colexios. Cando menos se estuden métodos para facelo. Xa que o Protocolo establece medidas que no inverno non serán viables.

– Solicitar que as equipas directivas dos Colexios deben facilitar datos de nenos afectados.

2. Que o Concello de Ribadavia intensifique as medidas de prevención e desinfección de espazos, parques e edificios públicos. É xusto recoñecer que existiu sempre pero baixo a intensidade.

3. Que o Concello de Ribadavia merque con fondos propios mascaras para todo o alumnado dos colexios do noso municipio, para axudar economicamente a moitas familias, xa que existe unha partida creada a proposta dos grupos da oposición.

4. Que o Concello de Ribadavia transmita e faga pública a información oficial no noso municipio. Transparencia e cooperación coa veciñanza e cos grupos municipais debe ser obriga de calquera goberno, tamén do de Ribadavia.

5. Que o Concello de Ribadavia demande que Xunta, Estado e Deputación doten aos Concellos de máis recursos para loitar contra a COVID. Temos que realizar o traballo de outras Administracións, aumentan as nosas competencias pero non nos proporcionan máis recursos e medios para facelo.

6. Que o Concello de Ribadavia invista a partida de 100.000 euros antes de que remate o exercicio fiscal e se perdan: bono social a parados/as. Bono de compra no comercio local. Reforzo e Ampliación do servizo de Conciliación. Axudas á conciliación.