O concello de Ribadavia celebra unha xunta de portavoces para dar conta da situación sanitaria do municipio

Hoxe celebrouse unha Xunta de portavoces na que o alcalde transmitiu aos grupos municipais información sobre as actividades e traballos que se están á facer en relación coa loita e prevención do COVID-19 no Concello de Ribadavia. E tamén transmitiu información sobre o número de casos activos existentes a día de hoxe, que ascende a 22 persoas, todas confinadas no seu domicilio.

As tarefas de desinfección están a facerse de xeito ininterrompido dende o mes de marzo e nelas está a participar o persoal do GES e o persoal de servizos municipais e do servizo de limpeza viaria. As tarefas céntranse na desinfección das zonas mais sensibles centro de saúde, residencia de maiores, parques infantís e zonas de actividades de maiores, edificios oficiais, locais comerciais colexios, estacións de autobús e tren e locais comerciais, fontes ou espazos con especial afluencia de persoas nos núcleos rurais.

AVANTAR ACTIVIDADES