Carballiño conta con 85 casos de Covid-19 e a comarca supera o centenar

Esta mañá, houbo unha videoreunión cos alcaldes da comarca do Carballiño, e a Conselleria de Sanidade, na que lles explicaron a situación actual da pandemia provocada pola Covid-19, dentro da nosa demarcación.

Asimesmo, informaron dos casos activos de cada concello, dato numérico que a Consellería trasladará a diario, e que constata que a situación é de preocupación e da necesidade de tomar medidas contundentes para evitar un empeoramento na contorna.

AVANTAR ACTIVIDADES

A capitalidade comarcal é a que presenta datos máis preocupantes, como é loxico, pola maior poboación, con 85 contaxiados a data desta mañá, pero que pode transmitirse aos concellos limítrofes polo estreito contacto social evidente. O número total de casos activos de coronavirus en toda a comarca do Carballiño pasaba esta mañá dos 100 positivos. Damos algúns datos de outros concellos da nosa contorna como o de Cea, que informaba hoxe de que tiña 3 casos, o que supón unha incidencia aproximada de 103/100.000 habitantes; ou o municipio de Boborás que ascende a 10 casos.

Todas as autoridades municipais piden a poboación que sexamos responsables e respetuosos coas normas establecidas polo ben de cada un e dos demais.

Esta mesma tarde, o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, mantivo unha reunión na que deu traslado ó conselleiro de Sanidade da situación actual do concello.

GALICIA SOBE OS CASOS ACTIVOS EN 15 PERSOAS CON RESPECTO A ONTE E REXISTRA 5 FALECEMENTOS NOVOS

Na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.083 (+15).

Do total de pacientes positivos, 35 (+1) están en UCI, 187 (+2) en unidades de hospitalización. Rexistrándose 774 (+5) falecementos.

A PROVINCIA DE OURENSE SUMA NESTA XORNADA 85 CASOS NOVOS

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras rexistra hoxe 1.148 (25+) casos activos de coronavirus; deles, 72 (=) están ingresados, 9 (=) están na UCI. Na maior parte trátase de brotes familiares, a maioría con idades entre os 35-45 anos, algún menor, e preocupantemente, os avós. Trátase de 70 casos positivos novos nunha xornada.