O Carballiño conta con 106 casos activos de Covid-19, 21 positivos máis ca onte

coronavirus
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, informaba esta mañá de que os casos de coronavirus activos no municipio son 106, 21 máis ca na xornada de onte. Este incremento está a supoñer que se endurezan as medidas restrictivas. O Carballiño pasará dende as 00:00 horas desta madrugada a nivel 3, o que supón que se endurecen as medidas en relación ós sectores sociais. Os locais de hostelería non poderán servir no interior e os restaurantes só poderán facelo a mesas cun máximo de 5 persoas.

Estas medidas non afectarán á mobilidade polo momento. Dende o concello piden prudencia, que se limiten as saídas ó mínimo indispensable e esperan que a dureza destas medidas permitan estabilizar a situación nos próximos días.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Esta cifra de contaxios deixa ó Carballiño cunha incidencia acumulada que ascende a 770 casos por 100.000 habitantes, superando seis veces a incidencia da comunidade galega.