O Ribeiro finaliza esta vendimia con 9,3 millóns de quilos de uva

O Ribeiro afrontaba un ano incerto en canto á vendima, afectados tamén pola situación sanitaria actual. A pesar diso, temos que falar de boas novas. Esta semana rematou o proceso de vendima con cifras moi semellantes a anos anteriores, alcanzando os 9,3 millóns de quilos de produción. Este ano, aseguraba o presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe do Ribeiro, Juan Manuel Casares, que esperaban unha colleita un pouco maior, aínda que non se queixan a pesar dalgúns problemas que se presentaron.

Temos que mencionar que no mes de xullo tiveron que facer fronte a un episodio de mildiu. Nos meses de verán tamén tiveron olas de calor que afectaron á produción co estrés hídrico, que provoca unha redución no peso dos acios, baixando o peso en case dous millóns con respecto ó ano pasado.

AVANTAR ACTIVIDADES

Este ano, Casares destaca a moi boa calidade da uva e o bo grado da produción, facendo un balance global moi satisfactorio. Dúas boas noticias son que se puido realizar a pesar da situación sanitaria e de que se están a manter os prezos na denominación.  Aínda que sinala que se sigue tendo que facer fronte a problemas de base relacionados co sector.