O Carballiño rexista hoxe 124 casos activos, 18 máis ca na xornada de onte

O concello do Carballiño segue aumentando día a día os casos de coronavirus. Na mañá de hoxe, Sanidade informaba de 124 casos activos, 18 máis ca na xornada de onte. Na tarde de onte, Sanidade informaba de 21 casos novos na comarca, que estaban en estudo xa que tratábase de casos vencellados a brotes existentes e brotes que contaban con casos en diferentes concellos da comarca. No caso do concello de Boborás, que onte contaba con 9 casos, hoxe pasa ós 12 casos activos. Beariz conta con 4 casos, O Irixo con 4, Maside con 7, Piñor con 2, San Amaro con 2 e San Cristovo de Cea con 3.

Dende a madrugada de onte, o municipio pasa a nivel 3 de restricións, o que supón un incremento nas medidas xa impostas sobre todo no ámbito da hostalería, que non pode servir no interior dos establecementos. Recordamos que a mobilidade na comarca non se ve afectada.

AVANTAR ACTIVIDADES

No Ribeiro, Avión conta con 10, Carballeda de Avia con 1 , Castrelo de Miño 1, Cenlle 1, Cortegada 2, Leiro 7 e Ribadavia 28.