O Covid-19 non para. No Carballiño 15 casos máis para un total de 147

Na xornada de hoxe, os casos de coronavirus no municipio son 147, 15 casos máis ca onte. A taxa por cada 100000 habitantes xa supera os 1000. O concello de Boborás ten 16 casos, Cea 3, Beariz 5, O Irixo 9, Mside 6, Piñor 2, e San Amaro 3 para un total na comarca de 190 en toda a comarca

Dende o pasado venres, o municipio pasa a nivel 3 de restricións, o que supón un incremento nas medidas xa impostas sobre todo no ámbito da hostalería, que non pode servir no interior dos establecementos. Recordamos que a mobilidade na comarca non se ve afectada. A Policía Local realiza controis diarios sobre o cumprimento desta normativa na vila.

AVANTAR ACTIVIDADES