O Psoe valora a resolución da Xunta Electoral sobre a publicidade nas ultimas eleccións

A Xunta Electoral vén de tombar a estratexia de “burdas amezas” e “artificios ilegais” de Manuel Baltar, quen pretendeu “amordazar” ao PSdeG-PSOE durante a campaña electoral das eleccións autonómicas, nunha “evidente mostra da súa reiterada falta de respecto pola democracia e a liberdade de expresión”. A autoridade electoral acordou “por maioría de tres votos contra un, arquivar por falta de tipicidade” a denuncia do PP ourensán pola instalación dun valo co texto “Letais para Ourense” xunto ás imaxes de Jácome, Feijóo e Baltar.

“Entendemos que ao non estar especificamente descrita como sancionable en ningún precepto legal a conduta que se pretende castigar neste caso (colocación dun cartel publicitario sen que apareza identificado o autor da mensaxe), senón que é interpretación da JEC, sobre a consideración de que non é admisible unha publicidade nas devanditas circunstancias por resultar contraria ao principio de transparencia, debe decretarse o arquivo do procedemento”, argumenta a xunta electoral en base á numerosa xurisprudencia do Tribunal Constitucional. “Non procede impor sanción”, insiste.

AVANTAR ACTIVIDADES

O PSdeG-PSOE cualifica de “extremadamente perigosa” esta “estrataxema” de Baltar xa que “non respecta os principios básicos da democracia e da liberdade de expresión” ao querer “amordazar, silenciar e amedrentar o libre exercicio da política”. Baltar tachou o valo publicitario de “delito electoral” e pediu unha condena en base “á contundencia que a lei establece para os casos de propaganda electoral anónima”. “Esa lei e esa contundencia só existen na cabeza de Baltar como vén de clarexar con toda contundencia a xunta electoral”, aseguran desde o PSOE.

Noutra evidente mentira Baltar tamén falou dun suposto “delito penal” sinalando que “este tipo de propaganda electoral anónima está especialmente tipificada e penada, con prisión de tres meses a un ano ou multa de 6 a 24 meses para quen infrinxa as normas legais en materia de carteis electorais”. “A Xunta Electoral tamén desbota por completo estas ensoñacións”, destacan.

Os socialistas consideran que “o presidente dunha parte do PP de Ourense está inmerso nunha espiral de fantasías de ciencia ficción” coas que “pretende atornillarse ilusoriamente nunha cadeira que hai tempo que lle baila, pola brutal caída de votos nas urnas desde que herdou a Deputación no ano 2012 e polas importantes leas internas que ten abertas contra Feijóo”. “Estas estratexias fallidas de Baltar son unha evidente mostra da desesperación na que está sumido ante a descomposición do seu partido na cidade de Ourense tralo pacto de desgoberno con Jácome que ten á cidade sumida no caos”, resaltan.

Tras estes feitos ─que non son novos─ advirten a Baltar que “a pesar das súas ameazas e artimañas para tratar de silenciar á oposición, os socialistas serán hoxe e sempre un muro de contención contra as súas prácticas caciquís que están a manchar institucións históricas que son de todos como a Deputación de Ourense e o Concello da capital”. Igualmente reclaman a Baltar que “cese no seu empeño de okupar pola porta de atrás estas institucións exercendo de campión mundial do caciquismo, nos últimos meses con maior intensidade que nunca”.