O Carballiño, Boborás e O Irixo confínanse. Restrínxese a mobilidade de entrada e saída dos tres municipios

A Consellería de Sanidade vén de acordar limitar as xuntanzas en toda Galicia, tanto públicas como privadas, a un máximo de dez persoas. Esta é unha das decisións adoptadas polo Comité clínico que fai seguimento da evolución da covid-19 na nosa comunidade, logo da xuntanza desta tarde, tras constatar o aumento de contaxios en xuntanzas sociais e familiares.

Así mesmo, decidiuse restrinxir a mobilidade nos concellos do Carballiño, O Irixo e Boborás, logo da xuntanza desta tarde do Comité clínico que fai seguimento da evolución da covid-19 na nosa comunidade. O comité considera conveniente reforzar as medidas de prevención co obxecto de protexer, coa máxima intensidade posible, a saúde da poboación destes concellos  e conter os contaxios para evitar a súa propagación máis aló desa zona. Deste xeito, queda establecida unha mobilidade perimetral entre os concellos do Carballiño, O Irixo e Boborás polo que os seus habitantes non poderán desprazarse fóra deles agás por motivos laborais, educativos ou sanitarios.

AVANTAR ACTIVIDADES

Todas estas medidas, que se publicarán mañá no Diario Oficial de Galicia, entrarán en vigor dende as 00:00 horas do xoves.

O número de contaxios diarios e o incremento de casos activos continuo fan que os expertos eleven as restriccións e decidan prohibir a mobilidade entre municipios. Deste xeito, só se poderá saír e entrar por razóns laborais, sanitarias ou educativas. 

Ademais, decídese manter a prohibición de reunións entre persoas non convivintes en toda a comarca, medida que xa estaba en vigor dende o xoves pasado. 

O comité considera conveniente reforzar estas medidas para dobregar a curva de ascenso, sobre todo nunha zona na que non se viviron apenas contaxios na primeira ola do mes de marzo en adiante. 

Ante esta suba de casos e a situación actual á que se enfronta o concello, a Policía Local prepárase dende a pasada semana ante a posibilidade de restricións na mobilidade, para o que establecerán controis de entrada e saída de vehículos. Asegura que os efectivos que ten actualmente son moi escasos para afrontar esta situación.