O PSOE de Leiro pide o arranxo dos accesos dun pobo de Gomariz

O PSdeG-PSOE de Leiro está a realizar unha serie de visitas as diferentes parroquias do Concello para coñecer de primeira man as inquedanzas e as necesidades mais urxentes dos veciñ@s. Na súa visita a Gomariz, percatáronse de que á unha necesidade o arranxo do Camiño publico Belide a Vilerma, afirmando que está nun estado lamentable, e que se trata dun camiño que é un instrumento fundamental para o desenrolo económico como o sector da viticultura que en gran medida depende do estado de conservación de este tipo de camiños.

PUBLICIDADE

AVANTAR ACTIVIDADES

Afirman que outra queixa dos veciños era a necesidade de arranxar o muro e a rúa Pena da Barra, en Peto Bello, afirmando que se esta deteriorando e desfacendo o pavimento da mesma ante a falla de conservación e mantemento por parte do Concello, cos perigos que acarrea tanto pos viandantes como os vehículos que por alí circulan.