A Xunta elabora un manual con 49 medidas para o transporte escolar

sdr

Trátase dunha guía didáctica que ofrece recomendacións e consellos orientados a comunidade escolar: alumnado, familias, acompañantes, condutores e usuarios. Son unha serie de pautas para desprazarse á parada de autobús, de subida e baixada e durante o traxecto. O autobús escolar representa un dos transportes máis seguros e con menos sinistros, cumprindo o obxectivo de 0 vítimas nos últimos anos. O manual e o protocolo contan cun deseño didáctico e unha linguaxe clara para facilitar a lectura e comprensión.

A guía inclúe 22 accións de como deben actuar os menores nas paradas do autobús e no viaxe; 7 normas para os pais, para velar pola seguridade dos fillos; 13 accións concretas para os acompañantes; 5 deberes para cumprir por parte dos usuarios e 2 normas de obrigado cumprimento para os condutores.

AVANTAR ACTIVIDADES