Ribeiro en Común pide ó concello máscaras gratis para os centros escolares

Centro educativo Tomás de Lemos, en Ribadavia

Ribeiro en Común ten presentadas unha serie de peticións e propostas no Concello de Ribadavia encamiñadas a que desde o Concello se actúe para facer fronte á expansión da COVID19.

 A primeira medida que debe exercer o Concello é a de realizar probas PCR a todos os seus traballadores e traballadoras. Con máxima prioridade a aquelas persoas que realizan funcións en contacto con nenos e nenas, ou con maiores.

AVANTAR ACTIVIDADES

A formación tamén reclama reforzar o horario e o servizo no PAC de servizos médicos e pediatría polas tardes e en fin de semana, un punto Covid que faga a recollida de mostras e o posterior servizo de rastrexo, un sistema de ventilación mecánica ou purificadores de aire nos colexios.

Piden que o Concello de Ribadavia intensifique as medidas de prevención e desinfección de espazos e que merque con fondos propios mascaras para todo o alumnado dos colexios do noso municipio.