A última sesión do ciclo de debuxo de Ribadavia será virtual

Debido á alerta sanitaria, a última sesión de debuxo con modelo presencial celebrada en Ribadavia queda suspendida. En cambio, a organización acordou facer este último encontro de xeito virtual.

Os/as debuxantes e/ou afeccionados que queiran ver a sesión, deben escribir ao mail da profesora que imparte as clases para solicitar o vídeo privado na seguinte dirección carolinaatuesta@gmail.com.

AVANTAR ACTIVIDADES

Dende o concello queren mostrar o seu agradecemento tanto á profesora, Carolina Atuesta como ós debuxantes que formaron parte deste primeiro ciclo de debuxo de Desnudoloxía.