O Carballiño estabiliza os datos, con dous casos de Covid-19 menos, sitúandose nos 161

Hoxe, o concello do Carballiño rexistra unha xornada de estabilidade nos contaxios, con dous casos menos ca onte, ata situarnos nos 161.

O concello de Boborás ten 19 casos, a mesma cifra ca onte. Piñor manténse nos 2 casos, San Amaro tamén se mantén con 2 casos, O Irixo mantén 8 casos e Punxín mantén un caso activo. Beariz sobe un caso, dos 5 de onte ós 6 de hoxe e Maside tamén sobe un caso, dos 5 de onte ós 6 de hoxe. San Cristovo de Cea baixa dos 5 casos de onte ó 4 de hoxe. A comarca suma en total 209 casos activos.

AVANTAR ACTIVIDADES

Dende todos os concellos piden prudencia, que se limiten as saídas ó mínimo indispensable e esperan que a dureza destas medidas permitan estabilizar a situación nos próximos días.

GALICIA SUPERA OS 4.600 CASOS ACTIVOS E ROZA OS 800 FALECEMENTOS

Na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.569 (-32).

Do total de pacientes positivos, 42 (-1) están en UCI, 223 (+5) en unidades de hospitalización. Rexistrándose 803 (+6) falecementos.

A PROVINCIA DE OURENSE SUMA NESTA XORNADA 86 CASOS NOVOS

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras rexistra hoxe 1.592 (-13) casos activos de coronavirus; deles, 80 (4+) están ingresados, 12 (+1) están na UCI. Estes datos reflicten que os contaxios descenderon o ritmo de subida, con 61 novos contaxios fronte ós 86 da xornada de onte.