A cidadanía considera necesarias as novas medidas restritivas

A maioría dos veciños do Carballiño comparte as novas medidas restritivas, asegurando que serán unha boa opción para paliar a situación sanitaria actual. O municipio conta con 161 casos activos nunha segunda ola da pandemia que se enmarca como o peor momento para a vila dende o inicio no mes de marzo.

Outros, aínda que comparten as medidas, van máis alá e piden apoio para o sector hostaleiro e de restauración, que serán os máis damnificados logo de sete meses.

AVANTAR ACTIVIDADES

A cidadanía pide concienciación e concordan en que é unha labor de todos frear isto. Aseguran que, nos meses de verán houbo unha relaxación en canto ás normas, que foi o que causou a situación actual, ademais de poñer a vista nas reunións sociais.