As farmacias dos concellos con maior incidencia farán probas serolóxicas gratuitas

Trátase dunha colaboración totalmente voluntaria e desinteresada por parte dos farmacéuticos ourensáns. Dende hoxe mesmo,  e ao longo da vindeira semana, calquera cidadán dos concellos de Ourense, O Carballiño, O Barco, Verín, Barbadás, O Irixo e Boborás que o desexe, pódese facer un test serolóxico gratuíto para a detección de anticorpos da covid-19 nas oficinas de farmacia adheridas. No caso de atoparse algún positivo, dende a farmacia avisarase aos servizos sanitarios e realizaríaselle unha PCR.

Para realizarse este tipo de probas, haberá que pedir cita previa online en citaprevia.cofourense.com ou de xeito presencial nas farmacias que participen nesta iniciativa.

AVANTAR ACTIVIDADES

Ademais,dende a vindeira semana, vaise facer un cribado aos 15.500  profesionais dos centros sociosanitarios galegos. En canto aos cribados entre os universitarios, xa comezaron a realizarse nas residencias universitarias de Santiago onde estase a rexistrar unha alta adherencia dos estudiantes.