O Arenteiro arranca a tempada o domingo contra o Arosa

Os partidos de Terceira División de Fútbol manteñen a data de inicio da competición para este domingo día 18. A Federación Galega de Fútbol consensuou que, se non hai cambios na normativa que aproben as autoridades e que afecten ó ámbito deportivo, a competición iniciarase sen incidencias.

O equipo carballiñés C.D. Arenteiro estrearase este domingo no Estadio da Lomba, contra o Arosa S.C. nesta primeira xornada de liga. A cita será ás 18:30 horas.

AVANTAR ACTIVIDADES