Aínda que menos, seguen a subir os casos por coronavirus no Carballiño. Hoxe un total de 177, catro máis ca onte

Hoxe, o concello do Carballiño rexistra unha xornada de subida nos casos, con 4 casos mais ca onte, ata situarnos nos 177.

O concello de Boborás mantense nos 20 casos, igual que Piñor con 3. Beariz ten un caso máis para un total de 7 , O Irixo mantense nos 8 casos, Punxín mantense con un caso e San Cristovo de Cea con 4. Maside baixa un caso, dos 5 de onte ós 4 de hoxe e San Amaro mantense con 1 caso

AVANTAR ACTIVIDADES

Dende todos os concellos piden prudencia, que se limiten as saídas ó mínimo indispensable e esperan que a dureza destas medidas permitan estabilizar a situación nos próximos días.