A Policía Local pon 16 multas esta fin de semana por incumprir a normativa sanitaria

A Policía Local reforzou o seu traballo durante esta fin de semana pola entrada en vigor da restrición de mobilidade dos concellos do Carballiño, Boborás e o Irixo. Os controis vixiaron, e seguirano facendo nos próximos días, as entradas e saídas principais e as vías secundarias.

Por motivos de mobilidade, puxéronse 3 multas, por desprazamentos sen xustificación. En canto as medidas restantes, correspondentes ó nivel 3 de alerta, a Policía puxo 13 multas, relacionadas co incumprimento da distancia de seguridade, o uso de máscara e a prohibición de xuntanzas con persoas non convivintes. Recordamos que dende a semana pasada, os concellos teñen competencia xurídica para a tramitación destas multas.

AVANTAR ACTIVIDADES

As excepcións á mobilidade que se permiten son as relacionadas co ámbito laboral, educativo e sanitario, para o coidado de animais, trámites bancarios e xudiciais inaprazables e para o coidado de persoas dependentes, maiores ou menores.