O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, reuniuse hoxe con varios alcaldes da provincia de Ourense, concretamente, dos municipios de Leiro, A Arnoia, A Veiga e Toén.
Foi a primeira toma de contacto da lexislatura con estes rexedores para abordar fórmulas de colaboración, analizar o desenvolvemento dos principais proxectos de cada un dos concellos e analizar as principais necesidades dos seus veciños.
PUBLICIDADE