O centro educativo de Boborás participa no programa “Biblioteca Creativa”

Neste curso participarán por primeira vez neste programa un total de 102 centros, dous deles Ourense. Neste caso, trátase da biblioteca do CEIP Nosa Señora de Xuvencos.

Esta iniciativa busca estimular a iniciación do alumnado de Infantil e Primaria no campo da robótica e na linguaxe de programación a través de actividades, mediante a utilización de pequenos robots, os Escornabots, deseñados dentro dun proxecto de hardware libre, cunha evolución aberta á comunidade. A través disto búscase ampliar as linguaxes presentes na biblioteca, promover a expresión oral, a alfabetización múltiple, o razoamento lóxico, a aprendizaxe manipulativa, o xogo, a investigación e o traballo colaborativo de profesorado e alumnado.

AVANTAR ACTIVIDADES