O Carballiño sobe 13 casos hoxe, pasando dos 175 ós 188 positivos en coronavirus

Hoxe, o concello do Carballiño rexistra unha xornada de ascenso no número de casos activos, pasando dos 175 de onte ós 188, 13 casos máis. O Carballiño segue a preocupar ás autoridades sanitarias pola súa evolución en aumento nos últimos días.

O concello de Boborás é o outro foco máis preocupante, seguindo na tendencia ascendente dos últimos días con 3 casos máis, ata chegar ós 30 casos activos.  Maside tamén sobe un caso, pasando dos 3 de onte ós 4 de hoxe. Beariz e O Irixo presentan un descenso de casos; Beariz pasa dos 8 ós 7 casos e Irixo dos 11 ós 10 casos.

AVANTAR ACTIVIDADES

Os concellos de Piñor, Punxín e San amaro mantéñense estables con un caso positivo cada un e San Cristovo de Cea, tamén estable, con 6 casos.

Dende todos os concellos piden prudencia, que se limiten as saídas ó mínimo indispensable e esperan que a dureza das medidas adoptadas permitan estabilizar a situación nos próximos días.