Os alcaldes de Leiro e Arnoia acordan colaboracións ca Xunta

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reúnese co alcalde da Arnoia, Rodrigo Aparicio, no seu despacho de San Caetano. Santiago de Compostela, 19/10/2020.

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, reuniuse onte con varios alcaldes da provincia de Ourense, entre eles o de Leiro, Francisco José Fernández, e o de Arnoia, Rodrigo Aparicio.

Foi a primeira toma de contacto da lexislatura con estes rexedores para abordar fórmulas de colaboración, analizar o desenvolvemento dos principais proxectos de cada un dos concellos e analizar as principais necesidades dos seus veciños.

AVANTAR ACTIVIDADES

No caso do alcalde de Leiro, convidou á Xunta de Galicia a ver as actuacións que se están levando a cabo na capela de San Pedro de Leiro. En canto ás colaboracións, o presidente da Xunta comprometeuse a axudar co acondicionamento da praza de San Clodio e na iluminación no campo de fútbol.

No caso de Arnoia, estudouse a mellora das comunicacións viarias co centro comarcal, a reestruturación dos montes e as melloras no eido sanitario e empresarial.