Este sábado 24 corresponde celebrar a feira quincenal de Ribadavia. A formación asegura que non é bo alarmar sen maior fundamento, polo que amosaron o seu interese en saber se o alcalde de Ribadavia se ten dirixido ás autoridades sanitarias competentes ou xa existe algún aviso das mesmas autoridades sanitarias que desaconselle nestes momentos a celebración de mercados na rúa.
Para a formación resulta rechamante que o alcalde de Castrelo de Miño anunciara a suspensión da súa feira “ata novo aviso” e “para preservar a saúde colectiva”. Unha feira que correspondía en Castrelo para este domingo día 25. Por iso, a formación pregunta ó goberno local por qué dous concellos limítrofes toman decisións completamente distintas sobre as súas feiras e nun momento tan delicado para a saúde pública.