O Partido Popular do Carballiño pide axuda á Xunta para os sectores afectados polo peche

Algúns membros do Partido Pular durante a celebración dun pleno, con separacións.

O Carballiño, Boborás e O Irixo afrontan medidas das más drásticas tomadas en España. A formación pide ó goberno local que estea pendente da situación económico-social que esto xera no pobo, principalmente aos sectores máis afectados como pode ser a hostalaría, restauración, hoteis e comercio. Baixo a premisa de cumprimento de normas impostas por emerxencia sanitaria debemos de solicitar medidas económicas que acompañen aos nosos sectores afectados.

Piden através dunha moción ó pleno que o Concello do Carballiño solicite á Xunta de Galicia medidas de acompañamento económico en apoio aos sectores máis afectados e que Concello do Carballiño envíe copia deste acordo aos Concellos do Irixo e Boborás.

AVANTAR ACTIVIDADES