A alcaldesa de Boborás pide prevención ante a evolución da pandemia

Ante a situación que está a vivir a comarca do Carballiño, en especial a capital e Boborás, a alcaldesa Patricia Torres manda unha mensaxe de responsabilidade á sociedade pedindo que se limiten todas as actividades que sexan prescindibles para conseguir frear unhas cifras que van en aumento día a día.