A Xunta apoia o avance da Asociación Veciñal de Casar e Balboa de Lamas, en Leiro

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A directora Xeral da Administración Local, Natalia Prieto, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitaron as instalacións da Asociación de veciños de Casar e Balboa de Lamas, en Pena Corneira. Estiveron acompañados polo alcalde de Leiro, Francisco José Fernández, e polo concelleiro Luis Iglesias.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A entidade veciñal recibiu 17.000 euros de axuda este ano para ampliar as súas instalación e para a adquisición de mobiliario para o espazo da cociña. Desta cuantía, 12.000 euros estiveron destinados a realizar obras no local social e o restante para dotalo de servicios. Dende o concello destacan a posibilidade de apoiar á economía local con este tipo de accións.

Ademais do apoio ás asociacións veciñais, a Xunta tamén colabora co concello de Leiro en outras liñas de axuda neste ano, que superaron o millón de euros no ámbito medioambiental, infraestruturas e proxectos conxuntos ca Mancomunidade.

PUBLICIDADE