As cinco farmacias do Carballiño fan test serolóxicos gratuitos

IES CHAMOSO LAMAS

A campaña de cribado cidadá púxose en marcha esta semana na totalidade das farmacias do Carballiño. O procedemento para acudir á realización dos test serolóxicos gratuítos debe ser mediante cita previa no seguinte enlace http://citaprevia.cofourense.com/ . Os propios farmacéuticos contáronnos como funciona esta iniciativa e como están preparados para atender de xeito seguro ós cidadáns.

O procedemento estipula que, pasados os 10 minutos dende que se fai a proba, que consiste nun análise dunha mostra de sangre obtida dun dedo, o farmacéutico realiza un rexistro dos datos do cidadán, rango de idade e resultado da proba. No caso de ser positivo, ponse en marcha un protocolo para a realización dunha PCR.

OZOCOgz Deseño Galego

No municipio, a aceptación dos veciños está a ser masiva, enchendo os ocos de cita previa xa para o que queda de mes. Dende as farmacias piden paciencia, xa que o cribado estará activo seis meses.

Por parte das farmacias tamén quixeron amosar a súa total colaboración con esta iniciativa, volcándose en que sexa unha maneira máis de poder axudar ante a detección de casos.