Carballiño sobe os casos activos de Covid-19 en cinco, ata os 185

Hoxe, o concello do Carballiño rexistra unha xornada con máis contaxios ca altas, subindo o número de casos activos en 5. Deste xeito, pasa dos 180 de onte ó 185 de hoxe. O Carballiño segue a preocupar ás autoridades sanitarias pola súa evolución en aumento nos últimos días.

O concello de Boborás é o outro foco máis preocupante, subindo dos 29 de onte ós 31 de hoxe.  Sobe tamén o concello de Punxín, de un caso positivo a dous nesta xornada e tamén o fai San Cristovo de Cea, que pasa dos 8 de onte ós 9 de hoxe. O único concello que baixa é Beariz, dos 7 de onte ós 6 de hoxe.

AVANTAR ACTIVIDADES

Por outro lado, Irixo mantense con 7, Maside tamén queda igual con 4 casos e Piñor e San Amaro cun positivo cada un. A comarca establécese nos 246 casos activos.

Dende todos os concellos piden prudencia, que se limiten as saídas ó mínimo indispensable e esperan que a dureza das medidas adoptadas permitan estabilizar a situación nos próximos días.