Espazo Común pide un pleno extraordinario sobre a situación actual do municipio

A causa desta petición é que o Carballiño sofre as medidas restrictivas máis radicais de todo o país ante os tremendos datos de contaxio. Aseguran que o descontrol absoluto da situación sanitaria provocou que hai xa días que o Concello fora intervido e que agora sexa Sanidade quen toma os mandos da situación e das decisións.

Critican que nos 7 meses que levamos dende o inicio da pandemia, as accións que se lle coñecen ó concello estaban relacionadas con promoción dalgúns eventos e a suba do IBI. As medidas adoptadas por Sanidade para frear os contaxios levan camiño de ser a estocada definitiva para moitos negocios e familias do noso pobo.

AVANTAR ACTIVIDADES

Por todo isto e ante a extrema gravidade da situación, dende Espazo Común, rexistraron na xornada de hoxe unha solicitude por escrito para que o alcalde Francisco Fumega esperte convoque de xeito urxente un pleno extraordinario.

No mesmo hai que pechar un plan de continxencia de aplicación inmediata que inclúa xa o pagamento das subvencións da primeira fase (360.000 €), a activación e simplificación do procedemento da segunda fase acordada tamén en abril (650.000 €). Tamén se fai necesario analizar con datos e as causas de ter chegado a esta situación tan lamentable e que se pode facer dende o Concello para tentar reconducila dende o punto de vista do control sanitario.