Tras a publicación dunha nota de prensa por parte do goberno ilexítimo de Castrelo de Miño, conformado por concelleiros do PP e tránsfugas, o BNG de Castrelo de Miño considera necesario facer as seguintes aclaracións:
Aseguran que o servizo de transporte municipal préstase desde o ano 2012, recalcando que foi debatido, acordado e aprobado no pleno municipal do 26 de outubro de 2011. Non contou con ningún voto en contra dos partidos da oposicion naquel intre.
Este acordo, aseguran, sometouse a exposición pública conforme dispón o artigo 70.2 da Lei/1985, de bases de réxime local, e pubilicouse no Boletín oficial da provincia de Ourense o 7 de xaneiro de 2012, sin que se presentase ningunha reclamación durante todos os periodos de exposición publica, sendo polo tanto elevado a definitivo o texto íntegro da Ordenanza reguladora do prezo público pola prestación do servizo de transporte municipal a través do convenio de cooperación asinado entre o concello e Protección Civil.
Durante a tramitación da ordenanza reguladora nos ano 2011 e 2012, aseguran que se solicitou por parte do Concello de Castrelo de Miño autorización a Transportes da Xunta de Galicia, que contestou naquelas datas afirmativamente á prestación do servizo. A única condición que lle puña a Xunta ao Concello era que o servizo se prestase só dentro do término municipal de Castrelo de Miño, como sempre se fixo. Polo tanto desde o BNG de Castrelo piden ó goberno local que antes de falar, busquen no arquivo municipal e no rexistro de entradas e saídas os correspondentes permisos e documentación oficial.
O mesmo servizo de Castrelo Bus foi visitado por multiples gobernos municipais de toda Galicia que se viñeron interesar por este servizo, e incluso no ano 2018 un responsable da Federacion Española de Municipios y provincias chegou expresamente desde a sede central de Madrid para visitar o noso concello e os servizos-modelo de conciliación, como o Castrelo-Bus.
Afirman que en 9 anos ininterrumpidos de servizo, non recibiu nin unha soa reclamación de ningún usuario nin de ningunha empresa de transportes, xa que mantiña todos os permisos en regra e se prestaba correcta e legalmente. De feito en ningún momento ningún taxista municipal manifestou no concello este servizo influira no seu traballo, durante os 9 anos que estivo en servizo.
A única ilegalidade que se poidera ter producido neste servizo, segundo a formación, é responsabilidade do actual alcalde Avelino Pazos, que nos comezos do seu mandato decidiu prestar o servizo cun conductor novel, con L incluída, realizando un transporte público nun microbús de 9 prazas.