Publicada no DOG a Normativa que afecta a comarca do Carballiño por coronavirus

ACCESO ao DOG ( Premer na Imaxe )

Resumimos as medidas:

O obxecto desta orde é establecer determinadas medidas de prevención como consecuencia
da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 no seguinte
ámbito territorial:

AVANTAR ACTIVIDADES

b) Comarca do Carballiño, integrada polos concellos de Beariz, Boborás, O Carballiño,
O Irixo, Maside, Piñor, Punxín, San Amaro e San Cristovo de Cea.

Segundo. Restricións á mobilidade e ás agrupacións de persoas para a protección da
saúde das persoas ante a existencia dun risco de carácter transmisible

a) Limítase a entrada e a saída de persoas do ámbito territorial delimitado de forma
conxunta polos concellos de Ourense e Barbadás, do ámbito territorial delimitado de forma
conxunta polos concellos do Carballiño, O Irixo e Boborás así como do ámbito territorial
delimitado de forma conxunta polos concellos de Verín, Oimbra e Vilardevós, agás para
aqueles desprazamentos, adecuadamente xustificados, que se produzan por algún dos
seguintes motivos:

1º) Asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios.
2º) Cumprimento de obrigas laborais, profesionais, empresariais ou legais.

3º) Asistencia a centros universitarios, docentes e educativos, incluídas as escolas de
educación infantil.
4º) Retorno ao lugar de residencia habitual.
5º) Asistencia e coidado a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade
ou persoas especialmente vulnerables.
6º) Desprazamento a entidades financeiras e de seguros que non poidan aprazarse.
7º) Actuacións requiridas ou urxentes ante os órganos públicos, xudiciais ou notariais.
8º) Renovacións de permisos e documentación oficial, así como outros trámites administrativos
inaprazables.
9º) Realización de exames ou probas oficiais inaprazables.
10º) Por causa de forza maior ou situación de necesidade.
11º) Calquera outra actividade de análoga natureza, debidamente acreditada.

A circulación polas estradas e vías que transcorran ou atravesen os ámbitos territoriais
delimitados será posible sempre e cando teña a súa orixe e destino fóra deles.
A circulación de persoas dentro dos ámbitos territoriais delimitados será posible, sempre
respectando as medidas de prevención e as recomendacións específicas previstas nesta
orde, ben que se recomenda evitar todo movemento ou desprazamento innecesario.

1º) Nos concellos de Ourense, Barbadás, Verín, Oímbra, Vilardevós, O Barco de Valdeorras
e todos os concellos da comarca do Carballiño os grupos quedan limitados aos
constituídos exclusivamente por persoas conviventes.

Esta limitación non impedirá a reunión con persoas non conviventes que se produzan
por motivos de asistencia e coidado a maiores, dependentes ou persoas con discapacidade,
ou por causa de forza maior ou situación de necesidade.

Terceiro. Peche de actividades non esenciais

Á vista da evolución da situación epidemiolóxica e sanitaria nos concellos do Carballiño,
O Irixo e Boborás
, e coa finalidade de controlar a transmisión da enfermidade, adóptase
no ámbito territorial dos ditos concellos a medida de peche de todas as actividades non
esenciais previstas no anexo II, de modo temporal durante o período ao cal se estenda a
eficacia das medidas previstas na presente orde de acordo co seu punto sexto.

ANEXO II
Actividades non esenciais que pechan temporalmente nos concellos do Carballiño,O Irixo e Boborás

I. Espectáculos públicos:
I.1. Espectáculos cinematográficos.
I.2. Espectáculos teatrais e musicais.
I.3. Espectáculos taurinos.
I.4. Espectáculos circenses.
I.5. Espectáculos deportivos.
I.6. Espectáculos feirais e de exhibición.
I.7. Espectáculos pirotécnicos.

II. Actividades recreativas:
II.1. Actividades culturais e sociais.
II.2. Actividades deportivas.
II.3. Actividades de ocio e entretemento.
II.4. Atraccións recreativas.
II.7. Actividades de restauración.
II.8. Actividades zoolóxicas, botánicas e xeolóxicas

III. Establecementos abertos ao público:

III.1. Establecementos de espectáculos públicos.
III.1.1. Cines.
III.1.2. Teatros.
III.1.3. Auditorios.
III.1.4. Circos.
III.1.5. Prazas de touros.
III.1.6. Establecementos de espectáculos deportivos.
III.1.7. Recintos feirais.
III.2. Establecementos de actividades recreativas.
III.2.1. Establecementos de xogo.

III.2.1.1. Casinos.
III.2.1.2. Salas de bingo.
III.2.1.3. Salóns de xogo.
III.2.1.4. Tendas de apostas.
III.2.2. Establecementos para actividades deportivas.
III.2.2.1 Estadios deportivos.
III.2.2.2. Pavillóns deportivos.
III.2.2.3. Recintos deportivos.
III.2.2.4. Pistas de patinaxe.

III.2.2.5. Ximnasios.
III.2.2.6. Piscinas de competición.
III.2.2.7. Piscinas recreativas de uso colectivo.
III.2.3. Establecementos para atraccións e xogos recreativos.
III.2.3.1. Parques de atraccións e temáticos.
III.2.3.2. Parques acuáticos.
III.2.3.3. Salóns recreativos.
III.2.3.4. Parques multiocio.
III.2.4. Establecementos para actividades culturais e sociais.
III.2.4.1. Museos.
III.2.4.2. Bibliotecas.
III.2.4.3. Salas de conferencias.

III.2.4.4. Salas polivalentes.
III.2.4.5. Salas de concertos.
III.2.5. Establecementos de restauración.
III.2.5.1. Restaurantes.
III.2.5.1.1. Salóns de banquetes.
III.2.5.2. Cafetarías.
III.2.5.3. Bares.

Os establecementos de restauración permanecerán cerrados ao público e poderán
prestar exclusivamente servizos de entrega a domicilio ou para a súa recollida no local e
consumo a domicilio. A permanencia nestes establecementos deberá ser a estritamente
necesaria. En todo caso, evitaranse aglomeracións e controlarase que consumidores
empregados manteñan a distancia de seguridade establecida co fin de evitar posibles contaxios.

III.2.6. Establecementos para actividades zoolóxicas, botánicas e xeolóxicas.
III.2.7. Establecementos de ocio e entretemento.
III.2.7.1. Salas de festas.
III.2.7.2. Discotecas.
III.2.7.3. Pubs.
III.2.7.4. Cafés-espectáculo.
III.2.7.5. Furanchos.
III.2.8. Centros de lecer infantil.