Máis altas ca novos contaxios deixan ó Carballiño con 2 casos activos menos, nun total de 183

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Hoxe, o concello do Carballiño rexistra unha xornada optimista, con máis altas ca novos contaxios, deixando a cifra total en 2 casos menos, dos 185 de onte ós 183 de hoxe. O Carballiño segue a preocupar ás autoridades sanitarias pola súa evolución en aumento nos últimos días.

O concello de Boborás é o outro foco máis preocupante, subindo dos 31 de onte ós 32 de hoxe.  Os concellos que tamén soben son Punxín, que pasa dos 2 de onte ós 3 de hoxe e San Cristovo de Cea, que pasa dos 9 de onte ós 10 de hoxe. Os concellos que se manteñen son Beariz, con  6 casos; Irixo, con 7 casos; Maside, con 4 casos; Piñor e San Amaro, con un caso cada un.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Pola contra, incrementan os casos Punxín, de 2 a 3 casos e San Cristovo de Cea, de 9 a 10 casos.

Dende todos os concellos piden prudencia, que se limiten as saídas ó mínimo indispensable e esperan que a dureza das medidas adoptadas permitan estabilizar a situación nos próximos días.

PUBLICIDADE