Manuel Baltar reafirma o apoio da Deputación ás demandas dos hostaleiros de Ourense

Reunión Manuel Baltar (Presidente da Deputación Ourense) coa Asociación de Hostalaría e Restauración Ourensá representada polo seu presidente Alex Castro e acompañado por Pepe Vilachá e Jose Manuel Fernández Saburido.

O presidente da Deputación reuniuse hoxe co presidente e directivos da Asociación de Hostaleiros de Ourense, comprometéndose a canalizar as súas reivindicacións e expresando o total apoio da institución provincial “como xa vimos facendo desde o inicio da pandemia con autónomos e comerciantes na provincia de Ourense”, afirma

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reafirmo hoxe, na reunión que mantivo con directivos da Asociación de Hostalería e Restauración de Ourense ( AHROU) “o compromiso do goberno provincial coas demandas deste colectivo”, comprometéndose a canalizar as súas reivindicacións e expresando o total apoio da Deputación “como xa vimos facendo desde o inicio da pandemia con autónomos e comerciantes na provincia de Ourense”, afirmou Baltar.

AVANTAR ACTIVIDADES

No encontro, que tivo lugar no Pazo Provincial, participaron xunto a Manuel Baltar o presidente de AHROU, *Álex Castro, e os directivo Pepe Vilachá e Manuel Saborido, reunión onde o presidente da Deputación subliñou que tamén como presidente “dunha formación política de ámbito provincial farei, igualmente, todo o posible para vehiculizar ese tipo de reclamacións que considero xustas, tendo en conta de que non hai ningún outro punto de Galicia que estivese tanto tempo con tantas restricións como o concello de Ourense, polo cal, existe base obxectiva para establecer un sistema que contribúa a paliar as graves perdas económicas deste sector”, expresa o presidente Baltar.

Baltar lembra “a importancia que supuxo a posta en marcha por parte da Deputación de Ourense das axudas a autónomos e Pemes da provincia en plena crise do COVID-19, co obxectivo de axudar aos autónomos que tiveron que acollerse ao cesamento de actividade como consecuencia da crise do coronavirus, e tamén ás pequenas empresas que sufriron unha perda de facturación igual ou superior ao 50 %”. Esta acción foi unha importante medida dentro da estratexia de cooperación que impulsa o goberno provincial para paliar a grave crise sanitaria, social e económica do COVID-19. Foi a primeira vez que a Deputación de Ourense puxo en marcha estas axudas directas e específicas, sendo neste sentido un dos gobernos provinciais pioneiros en España. “Autónomos e Pemes son sectores prioritarios para o goberno provincial na estratexia de reactivación económica que impulsamos desde a Deputación de Ourense”, destaca Baltar, remarcando que foron axudas directas, “tramitadas con mínima burocracia, que inxectaron solvencia en 91 concellos do territorio provincial”.