Os tres hospitais de Ourense xa fan test rápidos de antíxenos

Permiten ter un diagnóstico de Covid-19 en 10-15 minutos, coa mesma fiabilidade que as PCRs, para poder actuar de inmediato ante pacientes con necesidades asistenciais urxentes ou con sintomatoloxía compatible coa infección por SARS-Cov2. Esta nova técnica diagnóstica, de gran fiabilidade, ven de ser autorizada polo Ministerio de Sanidade, sendo o Sergas un dos primeiros servizos de saúde autonómicos en implantala. E distribuíla a todos os hospitais. A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras dispón xa das primeiras 10.000 unidades. Outra das súas vantaxes é a súa alta sensibilidade para determinar a presenza do virus no organismo incluso en etapas precoces, nos primeiros días da infección.

A PROVINCIA DE OURENSE SITÚASE NUN BO RITMO DE BAIXADA, CON 64 CONTAXIOS NOVOS HOXE

AVANTAR ACTIVIDADES

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras mantense nun bo ritmo de baixada de casos, rexistrando hoxe un total de 1.449 (-40) casos activos de coronavirus, cun descenso nos contaxios nesta xornada, que pasa dos 76 de onte ós 64 de hoxe; do total, 111 (-9) están ingresados, 13 (-2) están na UCI.

GALICIA SUMA UNHA XORNADA MÁIS DE SUBA DE CONTAXIOS, CUN TOTAL QUE SUPERA OS 200 CASOS NOVOS HOXE

Galicia alcanza na xornada de hoxe os 5.880 casos activos de coronavirus, cas cifras máis altas de contaxio na provincia de Ourense. Do total de pacientes positivos, 48(=) están en UCI, 325 (+8) en unidades de hospitalización. Rexístranse 856 (+9) falecementos.