Baltar e a conselleira de Infraestruturas avanzan na cooperación institucional Deputación-Xunta

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reuniuse hoxe coa conselleira de Infraestruturas da Xunta de Galicia, Ethel Vázquez, con quen analizou asuntos referidos aos proxectos nos que cooperan ámbalas dúas administración, concordando en reforzar e seguir ampliando a alianza de colaboración no presente mandato. Temas como melloras nas infraestruturas viarias, cooperación para obras nos concellos, o Consorcio de Augas de Valdeorras, e proxectos de índole social formaron parte da axenda de traballo na reunión de hoxe, que tivo lugar no Pazo Provincial. 

AVANTAR ACTIVIDADES