O PSOE de Leiro alerta da posible perda dunha subvención para a rúa Casanova

O PSdeG-PSOE a través do seu Portavoz Municipal  quere facer un pouco de historia con respecta a esta Rúa Casanova e non e outra que o 22 de agosto do 2019 se asinou un Convenio de colaboración entre o Concello e a Deputación, e no mesmo figuraba unha subvención provincial de 80.000€ coa que o ente provincial se compromete a financiar integramente a obra, tendo o Concello que pagar a redacción do proxecto. “A obra tiña que comezar a execución a finais do ano 2019” cousa que non aconteceu. Polo que o rexidor comentou “que se trasladou o ano 2020”.

Os socialistas de Leiro vendo que vai acabar o ano 2020 e as obras ainda non se iniciaron, fixemos unha consulta a Deputación atraves do Diputado Provincial na Comarca do Ribero que e Nacho Gomez e que foi preguntado o tema de que esta a pasar para que non se inicien as obras, e unha vez revisado o Expediente de esa obra por parte do diputado provincial, comentoulles que non encontran ningunha razón obxetiva para que esta obra non se empezara, e o que si aclara o expediente e que o dia 15 de Decembro de 2020 esta rua ten que estar rematada e entregada, cousa que a día de hoxe e imposible, segundo afirma a formación, asegurando que pasa outra vez como aconteceu o ano pasado.

AVANTAR ACTIVIDADES

Desde o Grupo Municipal queren reseñar que o unico que queren facer e asegurarse de que os veciños teñen as cousas en tempo e forma e a súa labor de fiscalizar o Grupo de Goberno. Afirman que por unha incompetencia na xestión pode chegar a perderse esta subvención, como xa alertaron da outra vez no ano 2019, e volven a reiterar neste ano 2020.