O PSOE de Leiro auséntase da reunión da Mancomunidade Turística Carballiño-Ribeiro

Na tarde de onte, o portavoz socialista de Leiro, Manuel Rodríguez, acudiu e se ausentou do Pleno da Mancomunidad Turística, así o fixo constar en Acta ante os ali presentes: o Rexedor de Ribadavia, Boborás e Carballiño e o resto de membros. Considerou que era unha falta de respecto convocar este Pleno por parte do Alcalde de Leiro, Franciscco José Fernández Pérez a todos os veciño de Leiro e non convocar o Pleno Ordinario que se tería que celebrar o luns, aseguran que poñendo como excusa a crise sanitaria e as obras da Casa Consistorial.

Afriman que o Rexedor pode utilizar outro tipo de canles para celebrar os Plenos como telematico e streaming. Tamén quixeron reseñar o seu total apoio por parte do Partido Socialista a Plataforma Beran no Camiño que tamén se acercou de unha forma pacífica ó Pleno o aire libre para facerse oír ante os Alcaldes para que pase o Camiño Xacobeo por Beran e Lebosende.

ACCIÓN REIVINDICATIVA

PUBLICIDADE ELECTORAL