Baltar celebra os 40 anos da asociación do polígono de San Cibrao

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, expresou hoxe, nunha mensaxe enviada para a reunión telemática da asemblea anual da xunta directiva da Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao, a súa felicitación á entidade empresarial destacando: 40 anos da Asociación do Polígono son un inmellorable exemplo de catro décadas de progreso empresarial na provincia Ourense .

Baltar, quen expresou o seu apoio aos empresarios pola crise sanitaria, económica e social provocada pola pandemia do COVID-19, destacou o traballo da xunta directiva da asociación, personalizada no seu presidente, José Antonio Rodríguez Araújo , remarcando a cooperación permanente por parte da Deputación de Ourense e a necesidade de seguir avanzando en proxectos, como a recente posta en marcha da ligazón coa autovía, que supón un plus de competitividade para as empresas do polígono . O presidente de goberno provincial afirmo que a Deputación de Ourense seguen mantendo esa alianza inquebrantable co polígono de San Cibrao, a súa asociación e as súas empresas, desexosos de apoiar os seus proxectos para que a cooperación público-privada siga sendo un dos signos de identidade , e desexou que a asociación continúe proxectando e planificando, un camiño no que a Deputación estará sempre apoiando .

AVANTAR ACTIVIDADES