O Psoe denuncia o voto en contra do PP nas axudas os productores da carne

. O portavoz de Medio Rural do Grupo socialista, Martín Seco, lamentou hoxe o voto en contra do PP a unha proposición non de Lei presentada polo Grupo Socialista na que lle pedía á Xunta que duplicara as axudas directas das partidas procedentes do PDR para os produtores de carne de vacún. Os socialistas pedían chegar ao máximo permitido pola Comisión Europea, de 24 millóns de euros.

Estas axudas especiais para os sectores máis afectados pola crise do coronavirus suporía que unha granxa de 59 vacas cobrarías 7.000 euros de axudas, nunha medida autorizada por Europa e viable cunha acaída reprogramación dos fondos. Lamentou que o goberno galego se negara a aplicar esta proposta que afectaría ao 2 por cento do PDR galego, ao tempo de que “non aportan nada de fondos propios”.

AVANTAR ACTIVIDADES

Martín Seco explicou que o goberno galego ten anunciado a chegada de 12 millóns de euros de axudas procedentes do PDR, a metade do que solicitan os socialistas galegos, ademais doutros 12 millóns de euros para préstamos para darlle liquidez e posibles investimentos a industrias agroalimentarias, como as adegas. Puntualizou que “non entendemos por que se comprometen fondos de PDR para unha finalidade que viña sendo financiada polo Igape”.

Ademais, reclamoulle á Xunta “mecanismos para garantir os fondos recibidos por axudas agroambientais nos dous anos nos que non estará en vigor a PAC”. En definitiva, os socialistas galegos puxeron sobre a mesa unha batería de propostas para defender a un sector que está a pasalo mal polas consecuencias da crise do coronavirus, e que require unha liña de axudas urxentes que lles está a negar o goberno galego.

Explicou que a caída do consumo e a “depreciación brutal” nos prezos en orixe ten posto en risco preto de 20.000 empregos que dependen do sector da carne, “entre produtores, matadoiros, salas de despece ou veterinarios”, que integran unha rede sustentada polas máis de 10.500 explotacións profesionais que hai en Galicia. Os socialistas reclamaron a posta en marcha dun Observatorio de Prezos que estabilice os mercados e que a Xunta garanta o cumprimento dos contratos e os prezos acordados.