Peticións do grupo de Podemos ao Goberno municipal do Carballiño

O avance da COVID-19 na nosa comarca   e o novo estado de alarma decretado hoxe no Consello de Ministros polo goberno central, fai que a situación que teñamos que afrontar sexa difícil.

As medidas restritivas buscan frear os contaxios e así evitar a saturación sanitaria que xa vivimos nos meses de abril e maio.

AVANTAR ACTIVIDADES

Dada esta situación dende o Círculo de Podemos no Carballiño queremos solicitar   primeiramente,   que   o   grupo   de   goberno   municipal   valore   a reactivación  do  protocolo  de  asistencia  domiciliaria  posto  en  marcha  en marzo.

PUBLICIDADE

Dito protocolo garantía o subministro alimentario e de productos farmacéuticos ás persoas maiores que vivían soas e a outras persoas con dificultade de mobilidade.

De esta vez, se debería incluír en este grupo de persoas beneficiarias ás persoas positivas e asintomáticas en COVID que non teñan a quen acudir para dispoñer de ditos subministros que deben gardar confinamento.

Por outra parte queremos tamén solicitarlle ao grupo de goberno municipal que, por favor, lea e interprete correctamente a orde de 21 octubre de 2020 sobre medidas de prevención como consecuencia de la evolución de la situación epidemiológica derivada del COVID-19 en las comarcas de Allariz-Maceda, O Carballiño,  Ourense,  O  Ribeiro,  Terra  de  Celanova,  Valdeorras  y  Verín,  en  la provincia de Ourense.

Na páxina 26 de dita orde (pag. 42071) se recolle o anexo II que decreta as actividades non esenciais que pechan temporalmente nos concellos de O Carballiño, O Irixo e Boborás, máis concretamente no punto II.7 fai referencia as actividades de restauración.

Eso si, no parágrafo seguinte di expresamente:

“Los establecimientos de restauración permanecerán cerrados al público y podrán prestar exclusivamente servicios de entrega a domicilio o para su recogida en el local y con sumo a domicilio. La permanencia en estos establecimientos deberá ser la estrictamente necesaria. En todo caso, se evitarán aglomeraciones y se controlará que consumidores y empleados mantengan la distancia de seguridad establecida a fin de evitar posibles contagios.”

O cal, permite a calquera establecemento que se adique a actividade de restauración a prestar servizo de entrega a domicilio ou para recollida no local e consumo a domicilio.

Polo tanto solicitamos ao grupo de goberno se deixe de advertir aos negocios que  están  levando  a  cabo  este  servizo  que  non  poden  facelo  porque incumpren a lei.

E para refrescarlle a memoria aos nosos responsables municipais de que é ou que non é un establecemento dedicado á actividade de restauración, lle remitimos á mesma orde do 21 de outubro ao punto III.2.5 do anexo II denominado Establecementos de restauración onde se nomea a restaurantes, salóns de banquetes, cafeterías e bares.

Eso si, por si tivesen dúbidas ao respecto e coa clasificación de establecementos de hostelería que fai dita orde non o ven claro, tamén poden consultar a Lei 7/2011, do

27 de outubro, de Turismo de Galicia, máis concretamente o seu artigo 77 onde se clasifican as empresas de restauración:

“Artículo 77 Clasificación

Las empresas de restauración se clasifican en los siguientes grupos:

a) Grupo I: restaurantes. b) Grupo II: cafeterías.

c) Grupo III: bares.”

A situación que atravesamos é complicada, e dende as administracións o que teñen que facer é axudar e facilitar o cumprimento das normativas, non dificultar e facer que todo sexa máis difícil para a veciñanza.

Estamos a falar do emprego, do sustento de moitas familias. Que interpretacións erróneas non dificulten máis as cousas.