“Casado deixou ben claro que o PP é a única alternativa de goberno, como xa demostraron os galegos en xullo”

Agora, “mentres o Goberno de Feijóo está centrado nos problemas reais dos galegos para superar esta crise sanitaria, económica e social”, o PP nacional ten, para Manuel Baltar, a obriga de liderar unha oposición “na que xa fumos quen de liderar a rebelión dos alcaldes e presidentes de deputacións  fronte á tentativa do Goberno de requisar os aforros das administracións locais”.

O presidente do Partido Popular de Ourense, Manuel Baltar, afirmou hoxe que o presidente nacional, Pablo Casado, “deixou ben claro que o PP é a única alternativa de goberno fronte ao executivo de Sánchez e Iglesias, con Abascal como o seu socio na sombra, como xa demostraron os galegos en xullo optando de xeito maioritario pola moderación e o reformismo”.

AVANTAR ACTIVIDADES

Manuel Baltar destacou que o “non” do PP onte no Congreso “é o <non> da maioría dos españoles, que non se sinten representados por un goberno socialcomunista, independentista e batasuno, como tampouco polo extremismo dos asinantes da moción de censura, que representan á dereita que máis lle gusta á esquerda para atacar ao PP”.

Para o presidente dos populares ourensáns, “a moción non era contra o Goberno, senón contra o PP, porque Sánchez precisa de Abascal para sobrevivir, para manter a súa ofensiva contra o Partido Popular, facendo oposición desde as bancadas azuis, conscientes de que somos a única alternativa real de goberno”. Nun discurso cualificado de “excelente”, Manuel Baltar asegurou que “Casado marcou o camiño que ten que seguir o centro dereita para recuperar máis pronto que tarde o timón de España, rematando coa nefasta etapa que representan Sánchez, Iglesias e os seus socios de investidura”.

Os galegos “xa dixeron en xullo cal era a liña a seguir -lembrou Baltar- escollendo cunha rotunda e cuarta maioría absoluta consecutiva a un partido reformista, centrista e moderado, alonxando do Parlamento galego as estridencias e leas partidistas de Podemos e das Mareas e dicindo o primeiro non ao partido de Abascal, cuxo único proxecto para Galicia era restar ao PP”.

Agora, “mentres o Goberno de Feijóo está centrado nos problemas reais dos galegos para superar esta crise sanitaria, económica e social, sen preocuparse como Sánchez polo reparto de cotas de poder e comprando apoios con cesións de todo tipo”, o PP nacional ten, para Manuel Baltar, a obriga de liderar unha oposición “na que xa fumos quen de liderar a rebelión dos alcaldes e presidentes de deputacións  fronte á tentativa do Goberno de requisar os aforros das administracións locais”.