Publicada no BOP a convocatoria e bases para a elaboración de listas para a provisión temporal de postos de traballo de auxiliar de axuda no fogar en Ribadavia

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

No BOP do sábado 24 de outubro ven a seguinte publicación:

Obxecto: normativa pola que se regula a convocatoria e elaboración das listas para a provisión temporal de posto de traballo de auxiliar de axuda no fogar no Concello de Ribadavia.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Órgano de aprobación: Xunta de Goberno Local do día 07.10.2020. Prazo de presentación de solicitudes: 25 días naturais seguintes, contados dende a publicación deste anuncio e poderanse formular perante o rexistro xeral do Concello de Ribadavia.

As solicitudes presentaranse, de conformidade co disposto nas bases, no rexistro xeral do concello.

Bases da convocatoria: poderán ser consultadas no taboleiro de anuncios da casa do concello, en horario de oficina, durante o prazo de presentación de solicitudes.

Prazas ofertadas: auxiliar de axuda no fogar. Ribadavia, 7 de outubro de 2020. O alcalde.