Comunicado do Concello: Hoxe 9 casos menos por Covid para un total de 157 activos

OS ÚLTIMOS DATOS CONFIRMAN O BO RESULTADO DAS MEDIDAS TOMADAS NO CARBALLIÑO POLO COVID: HOXE HAI 9 PERSOAS INFECTADAS MENOS, BAIXANDO DAS 188 QUE HABÍA HAI UNS DÍAS, NO PICO DESTA SEGUNDA ONDA, ATA AS 157 ACTUAIS

Nos últimos días o número de persoas infectadas pola Covid baixou en 31 persoas, un 16,5%, pasando das 188 ás 157 de hoxe, o que da conta do bo resultado das medidas tomadas no Carballiño. En concreto, hoxe temos 9 persoas menos ca onte infectadas.

AVANTAR ACTIVIDADES

Dende a implantación destas medidas, levamos unha serie continuada de baixada no número de contaxios, así como de suba das altas tras superar a enfermidade, polo que se confirma a paulatina mellora da situación no Carballiño.

Por isto, dende o concello pídese á veciñanza proseguir na mesma liña de responsabilidade e prevención ata conseguir vencer ao coronavirus, polo que, pese a esta mellora que se percibe, e que se valora moi positivamente, non hai que baixar a garda en ningún momento e respectar na súa totalidade as normas impostas.

SUSPENSIÓN DA FEIRA DO 31 DE OUTUBRO

Consonte ás medidas que están vixentes, e co fin de reforzar a prevención e restrinxir ao máximo a mobilidade entre municipios, o alcalde ven de publicar un decreto suspendendo a celebración da próxima feira do 31 de outubro.